Corporación Municipal Silleda en el pasado Silleda en el presente Demografía. Estadísticas. Arte y cultura Turismo y ocio Personalidades de Silleda
Ir a la página de inicio
Silleda ayer
Servicios web
Directorio de servicios
Inicio > Silleda ayer

A Terra de Trasdeza

A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda, e os ríos Ulla e Deza definen os límites do Concello de Silleda, dentro da Comarca e da provincia de Pontevedra.

A súa superficie, 169 km2 repár- tese en trinta e tres parroquias, con advocacións moi diversas, anque merece a pena destacar San Mar- tiño, patrón de cinco parroquias, San Miguel e Santa María, con catro e San Salvador con tres. Como dato curioso, cómpre sinalar que, aínda que pertencendo o arciprestado de Trasdeza, á arquidiciócese de San- tiago, as parroquias de Cira e Dor- nelas pertencen ó bispado de Lugo.

A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da Xurisdicción de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta Xurisdicción eran vintencinco das actuais parroquias; as demáis pertencían ás xurisdiccións de Cira, Carboeiro e Camanzo; a de Parada, daquela parroquia, á xurisdicción de Deza e a de Refoxos ó Couto de Acibeiro.

A denominación de Trasdeza, aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.

No Século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diócese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto como denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.

Volver arriba
© Concello de Silleda 2002. Actualizada el 28/03/2003.
Créditos | Comentarios, ruegos y sugerencias.