Corporación Municipal Silleda en el pasado Silleda en el presente Demografía. Estadísticas. Arte y cultura Turismo y ocio Personalidades de Silleda
Ir a la página de inicio
Silleda ayer
Servicios web
Directorio de servicios
Inicio > Silleda ayer > Idade Contemporánea

Idade Contemporánea

A Idade Contemporánea trouxo a Silleda un novo período de loitas. A invasión fran-cesa alterou a pacífica convivencia dos ve-ciños destas terras, escenario de loitas contra o invasor en Taboada (imaxe á dereita), Cira e Bandeira. É histórica a data do 3 de marzo de 1809 cando se reuniron os abades de dezaoito parro-quias de Trasdeza con moitos veciños para empuñar as armas contra os franceses en defensa da Relixión, a Patria e o Rei.

Estas situacións bélicas terían continuación coas loitas entre carlistas e isabelinos- Moalde, Casa do Monte, Bandeira- e máis tarde cos violentos enfrontamentos dos agraristas pola redención dos foros, feito este que sucedeu a finais do S. XIX cos levantamentos producidos en Refoxos e Paizás, en rebelión contra os impostos e a rendas.
A emigración, a guerra civil e a febre do wolfram marcan os capítulos importantes na recente historia do municipio.

Volver arriba
© Concello de Silleda 2002. Actualizada el 28/03/2003.
Créditos | Comentarios, ruegos y sugerencias.