Corporación Municipal Silleda en el pasado Silleda en el presente Demografía. Estadísticas. Arte y cultura Turismo y ocio Personalidades de Silleda
Ir a la página de inicio
Monográfico Carboeiro
Servicios web
Directorio de servicios
Inicio > Arte y Cultura > Monográfico Carboeiro > O feudalismo

O feudalismo

A organización administrativo-militar dos suevos deixou a semente xerminadora do feudalismo galego, os seus brotes aparecen xa a finais do século VIII.
Fotografía clásica do mosteiro. Nesta época están xa ben perfilados os tres poderes: o real, o da nobreza e o eclesiástico.
Os nobres representaban a clase su- perior da sociedade á que estaba subordinada outra sorte de nobreza constituída polos cabaleiros, homes libres ós que se lles daban certas prerrogativas a cambio do seu con-curso nas guerras.
O bispo e abades viñan ser verda- deiros señores, xa que contaban con territorios e intervían nas loitas con medios propios.
Os servos, persoais ou adscritos á gleba, víanse obrigados a ceder ó señor ou ó mosteiro parte dos seus froitos; a paga-los tributos, comunmente en especie, e a presta-lo seu traballo cando eran requiridos para iso.
Os homes libres buscaban, con frecuencia, a protección dalgún nobre ou señor, o que daba lugar á benefactoría; cando a dependencia era de tipo colectivo —un pobo, unha comunidade relixiosa— denominábase “encomenda”.

...En toda Europa comeza nos séculos X e XI unha nova vida e iníciase un novo ciclo histórico. En Galicia, a pesar dos grandes trastornos que sufre nótase unha grande actividade renovadora: xurden fortes poderes feudales, levántanse igrexas e mosteiros, rotúlanse montes, cultívanse heredades, reúnense bibliotecas, estudian e rezan os monxes, guerrean reis e condes, traballan a terra colonos e servos. Van estos recobrando a súa libertade e repoblan as cidades...

Vicente Risco

Voltar ó anterior: Carboeiro según López Ferreiro Volver arriba

© Concello de Silleda 2002. Actualizada el 11/03/2003.
Créditos | Comentarios, ruegos y sugerencias.