|
Carboeiro descrito por López
Ferreiro
Estas descripcións están
entresacadas do libro O niño de Pombas
de López Ferreiro, reporteiro no tempo.
A Igrexa
 |
...a pranta d’ela
componse de tres naves, un cruceiro, o áuside
prencipal que se pode andar todo ao redor,
e outros cinco áusides máis
pequenos... |
 |
|  |
As naves
 |
...a do medio ten de
ancho o dobre das outras, estaban estremadas
por seis machóns de pranta cadrada,
tres de cada banda... A nave do medio estaba
cuberta de artesonado... As naves d’os
lados estaban cubertas de esas bóvedas
de nervaduras... |
 |
O cruceiro
 |
...estaba tamén
cuberto de artesonado que sostiñan
catro arcos... a os estremos do cruceiro
estaban duas capilliñas cuase redondas... |
 |
A xirola
 |
...na chirola, como
dixemos, desembocaban tres capelas ausidales.
A do medio, que viña á ser
coma a cabeceira d’a eirexa, era un
pouco maor que as outras e estaba adicada
á San Benito. A d’a dereita
staba adicada á Nosa Señora
de Belén, e a outra servía
de sancristía... |
 |
|
 |
Ornamentación
 |
...os capiteles son
paricidos á os d’a Catedral
de Santiago e con esto xa está dito
todo... |
 |
|  |
As torres
 |
...N-a pranta estaban
incruidas tres torres, unha sobre o estribo
que stá á esquerda d’a
porta prencipal, e duas a entrada d’a
chirola antes d’as capelas d’os
lados. As tres se servían por escaleiras
de caracol metidas n-a parede; e n-as d’os
lados dá chirola, estas mismas escaleiras
que daban subida as torres, baixaban á
a espaciosa cripta... |
 |
A cripta
 |
...ocupaba casi o mesmo
tarreo que o áuside prencipal, a
chirola e as tres capelas ausidales. A bóveda
d’a crita estaba montada sobre as
paredes e cinco recios machóns redondos.
Tiña tamén tres capelas ausidales... |
 |
Pequena tribuna
 |
...A escaleira d’a
torre d’a fachada daba tamén
n-unha estreita tribuna que viña
a ser como unha ancha repisa d’a parede... |
 |
Banco de pedra ó redor
 |
...Todo ao rédor
d’a eirexa, arrimado á as paredes,
corría un banco de pedra, que servía
de zócolo e tiña matada a
arista d’a beira c’un baquetón... |
 |
Alumeado
 |
...A eirexa estaba
alumeada por nove grandes rosas caladas,
tres n-a fachada e as outras seis n-os dous
estremos do cruceiro, e máis por
vinte e oito, máis que ventaas, regandixas
coma as que se estilaban n-aquel tempo... |
 |
|  |
Portas
 |
...Ademáis d’a
prencipal, aberta por suposto n-a fachada
do Poniente, entrábase n-a eirexa
por outras tres portas laterales (...) Todas
estas portas, po-la parte d’afora,
tiñan as súas culunas e archivoltas
e o seu tímpano ou dintel semicircular
ca-suas estatuas de santos. A porta prencipal,
por suposto, era a máis adornada.
Subíase a ela por cinco pasos de
escaleira. (...)
de cada lado tiña catro recantos
e en cada recanto unha culuna; |
 |
|  |
 |
e sobre os capiteles
e impostas d’as oito culunas, pousaban
catro archivoltas moi vistosas, cos seus
follaxes moy saintes e dobrados e retorcidos
con moita variedá e gracia. N-a
terceira archivolta, empezando por abaixo,
estaban esculpidos os veinte e catro Ancianos
do Apocalipse. N-o tímpano víase
de alto relieve a imaxen de Noso Señor,
sentado no seu trono e en autitú
de bendecir. Ao redor víanse tamén
as feguras d’os catro Avanxelistas. |
 |
Pinturas
 |
...aínda
había outras duas cousas, que por
elas mericía esta eirexa que todol-os
gallegos a mirasen coma a meniña
dos seus ollos. Refírome n-esto
á as pinturas que cubrían
as paredes d’a capela que servía
de sancristía...
(...)
A primeira vez que estiven n-esta
eirexa (e xa hay anos) ainda tuven a fertuna
de poder contemprar e ademirar as ditas
pinturas que anque xa moy deslucidas ou
case borradas, premitian por eso formarse
algunha ideya do asunto que alí
estaba representado...
|
 |
Voltar ó anterior: inscricións
| Ir ó seguinte: o
feudalismo
|