Corporación Municipal Silleda en el pasado Silleda en el presente Demografía. Estadísticas. Arte y cultura Turismo y ocio Personalidades de Silleda
Ir a la página de inicio
Monográfico Carboeiro
Servicios web
Directorio de servicios
Inicio > Arte y Cultura > Monográfico Carboeiro > Abades importantes

Trasuario, Froilaz e Fernando

O primeiro Abade do que hai noticias é Félix, que aparece citado nun documento do 13 de outubro de 936. No ano 954, aparece nomeado o segundo Abade do que hai algún dato, é un tal
Ramulfo, que viviu polo menos ata o ano 960.
Despois deste ano, o Mosteiro pasou por desagradables vicisitudes en relación coa observación da regra e normativa monacal, de tal xeito que tivo
que ser restaurado polo Rei Bermudo II, o 5 de xaneiro de 999, sabendo pola documentación que o Rei nomeou Abade a Trasuario, monxe en Carboeiro, para que o Mosteiro voltase á observación da regra. Trasuario estivo
á fronte do Mosteiro dezanove anos.
Ata o ano 1061, non se volven ter noticias escritas sobre Carboeiro, nas que se cita ó Abade Tanito, en relación a
unha disputa de linde de coto, e pouco máis se
sabe del.

No ano 1069 aparece documentado nunha doazón o Abade Munio que estaría á fronte de Carboeiro ata o 12 de febreiro de 1075.
Co Abade Alfonso, dende o 1084 a 1116, fixéronse importantes adquisicións territoriais para o coto de Carboeiro. Outro tanto fixeron os Abades Juan e Martín entre os anos 1119 e 1131. Co abade Froila, xa no 1131, comeza unha das épocas de esplendor de Carboeiro, con grandes obras no Mosteiro e novas adquisicións de terreos.
Túmulo do abade FernandoNo ano 1162 aparece nomeado nun documento como Abade de Carboeiro, Fernando, será este Abade o que levará a Carboeiro ó seu máximo esplendor. Durante o seu mandato comezaranse as obras da igrexa actual e as doazóns tanto reais coma de particulares serán abundantísimas. Finou, segundo lápida sepulcral, o 13 de febreiro de 1192.
Sucédelle como Abade Pedro Froilaz. Durante o seu mandato o Rei Alfonso IX confirma ó Mosteiro tódolos privilexios e doazóns que foron concedidos polos seus ancestros. Dona Urraca Fernández, filla do Conde D. Fernando Pérez de Traba, no ano 1199, fixo importantes doazóns a Carboeiro. A Pedro Froilaz sucédelle Osorio, figurando como Abade nun privilexio concedido polo Rei Alfonso IX ó Mosteiro.

No ano 1232, temos noticia dun tal Abade Juan, ó que fan referencia e mención varios documentos. No ano 1267, cítase ó Abade Juan de Dios, considerado polos especialistas como distinto do anterior, e a partir deste Abade, ata a súa anexión a San Martiño Pinario, a penas hai noticias. Carboeiro é protagonista de certo silencio histórico, con excepción dun documento de 1281, no que aparece citado como Abade do Mosteiro un tal Fernán Yáñez e unha inscrición no lado dereito da fachada, do ano 1360, infórmanos dunha posible restauración. Posteriormente nunha carta de foro do ano 1425 aparece citado como Abade, Alfonso.
Como derradeiro Abade de Carboeiro, anterior á Reforma é nomeado un tal Manuel, nun documento datado no ano 1493.

Reinando los Reyes Católicos, anexionó a San Lorenzo de Carboeiro el monasterio de San Martín Pinario de Santiago, unión hecha por Fray Diego de Valencia, Reformador General de la Orden de San Benito, siguiendo el criterio de concentrar la vida monacal, para su mayor eficacia, en ciertas abadías, con buen número de monjes. Alejandro VI confirmó esta unión en Bula expedida en 1500.

Carboeiro convértese deste xeito, por mor da concentración da vida monacal, en mera granxa de San Martiño Pinario, pasando de Abadía a Priorado.
Con posterioridade, no ano 1794, construíuse unha cárcere para monxes e no século XIX, coa Desamortización de Mendizábal, o Mosteiro caeu no espolio e na ruína, pasando as propiedades a particulares.

Voltar ó anterior: consagración | Ir ó seguinte: inscricións Volver arriba
© Concello de Silleda 2002. Actualizada el 11/03/2003.
Créditos | Comentarios, ruegos y sugerencias.